XOGUETES BILIBO





Ola, Ola!

Hoxe quero presentarvos un xoguete único, un xoguete que nos deixa claro que as ideas simples, moitas veces, son as mellores. Como podedes ver, o obxecto é basicamente como a parte dura da tartaruga, como unha cuncha e a diversión á que nos pode levar é infinita.

O seu deseño resulta moi simple (un punto a favor!), non contén compoñentes electrónicos, axuda a mellorar a nosa imaxinación e creatividade, entretén dunha maneira profunda e non só superficial (como moitos dos xoguetes que triunfan actualmente), propón un tipo de diversión activa e pode utilizarse no ximnasio, na clase, na casa, na neve, na area, na auga...

Recibiu tantos premios das principais organizacións pedagóxicas e de xoguetes mundiais, que se fai unha tarefa moi longa enumeralos. 

O xogo simbólico é moi importante para o desenvolvemento social dos nenos e nenas e o Bilibo, que así se chama, introdúcenos nunha enorme marea de posibilidades (patín, tambor, almacenaxe, cova de animais, bolso, cuncha, caldeiro...).

Para mostra, tedes este vídeo onde amosamos algúns destes usos, así como as caras alegres dos que os usan.




Que vos parece?

Comentarios