ALIVE INSIDE. Michael Rossato-Bennett




Ola compis!

"Alive Inside: A Story of Music & Memory" (2013) é un emotivo e revelador documental sobre o poder e a forza da música, sobre como esta incide directamente nos nosos recordos e nos axuda a recuperar a vitalidade que, en moitos casos, estaba perdida.

Isto vai sobre un traballador social, Dan Cohen, que visita xeriátricos de persoas afectadas pola demencia e que indaga no pasado musical de moitos pacientes para traerlles de volta esas agradables lembranzas que permaneceran agochadas por moito tempo.

Ao mesmo tempo, supón unha crítica hacia o sistema sanitario estadounidense, empeñado en medicacións (cos intereses económicos que implican) pouco efectivas en detrimento de terapias moito máis interesantes como esta.

Premio de Público no Festival de Sundance.

Un filme para toda a familia.


Comentarios