ANIMALIUM. Katie Scott e Jenny Broom


Ola!

Benvidos a "Animalium" amigos! Un museo que está sempre aberto e que alberga unha asombrosa colección de máis de 160 animais para visitantes de todas as idades. Como podedes imaxinar, o número de curiosidades que contempla este volume é ben grande, pois a cantidade de seres vivos que poboan o noso planeta tamén é considerable. 

Para Kirkus Reviews foi un dos mellores libros do ano grazas, en parte, a esas magníficas ilustracións de aire clásico que parecen estar feitas con pluma, como as láminas antigas. Páxina tras páxina, "engancha a xoves naturalistas e a adultos con bo gusto estético", como din desde The Wall Street Journal.

Katie Scott e Jenny Broom ofrécennos con este libro unha perspectiva totalmente preciosista das marabillas do mundo natural.

Para explorar o mundo animal, xa sabedes a onde tedes que acudir!





FICHA TÉCNICA:

Editorial: Impedimenta.
ISBN:978-84-15979-46-3.
Encadernación: Cartoné.
Formato:38 x 28 cm.
Páxinas:112.


Comentarios