EL MARAVILLOSO VIAJE DE NILS HOLGERSSON. Selma Lagerlöf e Thomas Docherty






Ola!

"El maravilloso viaje de Nils Holgersson" está concebido como un libro de texto formado por lecturas para que as/os estudantes de Primaria suecos coñeceran a xeografía e historia do seu país. E que conseguiron? Pois que esta obra se convertira nun clásico, non só de Suecia, senón do resto.

Coñeceremos varias historias diferentes en diversas zonas, co fío argumental dun neno que viaxa sobre uns gansos dun lugar a outro. 

Ademais, este libro trae consigo a aposta por valores pedagóxicos coma o esforzo, a superación, o compromiso, a valentía, a amizade, a colaboración ou o respeto mutuo.

Aquí, o que temos, basicamente, é unha posta en valor da importancia do entorno dunha persoa ao longo da súa vida, como fonte inesgotable de coñecemento e como forte factor identitario.




FICHA TÉCNICA:

Editorial: Anaya.
Encadernación: Cartoné.
Tamaño: 17'5 x 25cm.
Páxinas: 536.
ISBN.: 978-84-667-5381-4.

Comentarios