LA MEMORIA DEL ELEFANTE. Sophie Strady e Jean-François Martin


Ola!

A editorial Barbara Fiore sorprende en cada publicación pola súa orixinalidade, rigor e calidade. "La memoria del elefante" é un libro fascinante! Un álbum excepcional! Cheo de detalles sorprendentes, extraordinarios e estrambóticos que sempre fan honor á verdade e que atopamos nos recunchos da memoria de Marcel, este elefante tan sabio. 

A multitude de coñecementos adquiridos por este animal ao longo de moitas viaxes polo mundo son os auténticos protagonistas desta enciclopedia do saber que conta coas magníficas ilustracións de Jean-François Martin e os textos precisos de Sophie Strady.

Imaxinades o guai que sería lembrar todos os sucesos dunha vida? Pois Marcel pode facelo! Querédelo perder?



FICHA TÉCNICA:

Editorial: Barbara Fiore.
Páxinas: 40.
Formato: 28 x 36.
Encadernación: Cartoné.
ISBN: 978-84-15208-67-9.

Comentarios