LISTAMANÍA. 15 COUSAS QUE LANZAMOS AO ESPAZO



Bo día meus reis e miñas raíñas!

A lista de hoxe fai alusión a obxectos que se lanzaron ao espazo exterior con diferentes motivos e perseguindo diferentes obxectivos. 

1. Chimpancé (1961). Enos foi o primeiro mono que Estados Unidos puxo en órbita.

2. Ras Toro (1970). Dous exemplares foron enviados ao espazo para axudar a comprender o síndrome de adaptación espacial.

3. Ratos (1972). No Apolo 17 viaxaron cinco ratos que recorreron a órbita entre A Terra e a Lúa.

4. Placas Douradas (1972-73). Nas sondas Pioneer instaláronse placas de aluminio anodizado en ouro con diversas informacións humanas como imaxes, ecuacións, etc.

5. Disco de ouro (1977). As sondas Voyager dispoñen dun Disco de Ouro que reproduce sons e imaxes da nosa vida e cultura no planeta, incluíndo música, latexos do corazón ou sons naturais.

6. Pintura (1980). A estación espacial soviética Mir foi a primeira en levar un cadro, obra do artista ruso Andréi Sokolov.

7. Escultura (1993). O "Bailarín Cósmico" foi a primeira escultura deseñada para un hábitat humano en órbita. Foi enviada á Mir.

8. As cenizas de Timothy Leary (1997). A cápsula que levaba os restos do psicodélico visionario permaneceu en órbita durante seis anos e queimouse na reentrada atmosférica.

9. Sementes de batata (2005). A segunda misión espacial tripulada de China cultivou sementes de batata para comprobar se os alimentos que crecen no espazo son saudables.

10. Cinzas dun actor de "Star Trek" (2007). Dous anos despois da morte en 2005 de James Doohan, as súas cinzas foron lanzadas ao espazo.

11. Sabre láser (2007). O sabre de Luke Skywalker viaxou ao espazo a bordo do transbordador Discovery.

12. Virus informático (2008). Un virus de Windows coñecido como Gammima introduciuse accidentalmente nos ordenadores portátiles da estación.

13. Células Hela (2009). As células de Henrietta Lacks, unha víctima do cancro, foron enviadas ao espazo para probar os efectos das radiacións atómicas.

14. Trozo da "Árbore de Newton" (2010). Un pedazo de madeira da maceira que inspirou o descubrimento da gravidade viaxou á órbita da Terra como parte das celebracións do 350 Aniversario da Royal Society.

Comentarios