THE LITTLE PEOPLE PROJECT SLINKACHU








Ola!

Quero compartir con vos o traballo deste artista, un traballo que chamou a miña atención co proxecto "The Little People Project", no que vai abandonando a xente miúda nas rúas desde o ano 2006.

Slinkachu é un artista e fotógrafo de Londres que crea e customiza figuras en miniatura para deixalas posteriormente á súa sorte en lugares estratéxicos. Estas serán atopadas polos peóns que camiñan e ven ou serán ignoradas para sempre.

Esta idea vai máis alá do típico graffiti e do feito de pintar sobre un muro, pois busca unha nova maneira de expresar creando unha interacción clara do suxeito co seu entorno mediante pequenas persoas estáticas que son distribuídas parodiando o noso sistema e o noso modo de vida.

Slinkachu compra figuras de tren e píntaas ao seu gusto en función do que necesite. Establece posteriormente un xogo de proporcións e escalas que é o que fai que todo cobre sentido. Un burato nunha parede pode ser unha cova, unha pelota de tenis unha illa, unha chapa dun refresco un bote ou unha pela de mandarina un skatepark.

E pégase todo con pegamento resistente para que as obras teñan o tempo de vida suficiente como para ser desfrutadas polo público.

E unha das cousas que me parecen máis sorprendentes é que o artista nunca volve ao lugar da instalación, senón que deixa que a historia continúe libremente.


Déixovos coas súas cousas:



















Comentarios

Publicar un comentario