THE SAHARA SESSIONS. Etran Finatawa


Que tal compis?


Etran Finatawa tocan e cantan desde o corazón, como practicamente a totalidade de bandas africanas e, contra iso, amigos occidentais, é moi difícil competir.

Guitarras, batería calabash e voces nómadas que alegran ás estrelas todas as noites e que mesturan os seus sons coa area do Sahel. 

"The Sahara Sessions" (2013) é, precisamente, un grupo de amigos arredor do lume, festexando a súa tradición e narrando o presente. Unha metade Tuareg e a outra Wodaabe, dúas culturas, dúas historias.

É unha recomendación para todo o mundo, pero en especial para os que bailan con Tinariwen, para quen admira a Fela Kuti e para quen ama a Ali Farka Touré.

Unha marabilla! Un disco enorme! Cando o orgánico se xunta coa Lúa, pasa isto.



Déixovos cun vídeo:

Comentarios