ZOOM. Istvan Banyai




Ola!


"Zoom" é un libro absolutamente marabilloso. Unha idea simple, sinxela e contundente, ben levada a cabo cunhas ilustracións firmes, cheas de cores e cunha trama que vai saíndo soa, fluíndo como a auga dun río. 

Para min, sen dúbida ningunha, un dos mellores libros infantís que coñezo.

Coñecino no Curso de Bibliotecas Escolares do 2015 a través dunha ponente arxentina que me descubriu unhas cantas obras interesantísimas. Ah! Que non sabiades que os alces podemos ir a cursos de formación? Pois sí! Non somos moitos pero algún hai...

Sorprendeume o formato, máis pequeno do que me parece o ideal (tipo álbum sería máis desfrutable) pero tan fermoso e sorpredente como agardaba.

A cousa trata dunha historia que vai transcurrindo a medida que a cámara se vai separando e precisamente de aí o título do libro: "Zoom".


Unha chulada ben grande que pode lerse de diante para atrás ou ao revés.







FICHA TÉCNICA:


Editorial: S.L. Fondo de Cultura Económica de España. 

Páxinas: 62.

ISBN.: 9789681649036. 



Comentarios