A MELLOR SOPA DO MUNDO. Susana Isern e Mar Ferrero



Que tal?

Un libro, un amigo! E o de hoxe é unha chulada!

A autora Susana Isern volve a conquistarnos con este álbum ambientado nun bosque (como non podía ser doutro xeito!) e protagonizado por animais, tan presentes sempre na obra desta autora.

E Mar Ferrero tamén nos conquista co seu excelente e fino traballo nas ilustracións, cheo de pequenos detalles e cun uso das cores maxistral. 

Texto e debuxo en absoluta coherencia, coordinados, collidos da man para facernos desfrutar sen límites.

Partindo dun encontro fortuito, propiciado polo mal tempo, esta historia amosa que con pouco pódese facer moito, á vez que resalta o valor das pequenas cousas e, sobre todo, da amizade, algo que deberiamos coidar moito e regar todos os días con agarimo.

Ler é algo marabilloso! E todos sabemos facelo! Non é algo grandioso?






FICHA TÉCNICA:

Editorial: OQO.

ISBN: 978-84-9871-526-2.
Páxinas: 36.
Formato: cartoné. 
Tamaño: 25x23 cm.

Comentarios