MAN ON WIRE. James Marsh


Boas!

"Man on Wire" (2008) narra o acontecemento máis significativo do funambulista francés Philippe Petit quen, en 1974 e coa axuda do seu equipo de confianza, conseguiu camiñar (sen présa) por un cable tendido entre as extinguidas torres xemelgas do World Trade Center de New York na súa parte máis alta.


Noventa e catro minutos nos que James Marsh se introduce no que foi denominado o "crime artístico do século".


No 2008 levou o Oscar ao Mellor Documental. En Sundance e Toronto tamén gañou e as Asociacións de Críticos de New York e Los Angeles colocárono no primeiro posto do xénero.


Poesía visual, dose de valor, silencioso e atronador, un exercicio de liberdade.

Comentarios