MIL COSAS. Anna Kövecses




Como vos vai todo? Seguro que xenial, verdade?

Hoxe temos no noso blog un libro que o outro día vin no escaparate dunha libraría en Compostela. Chámase "Mil Cosas" e é obra de Anna Kövecses. Está dividido en varias partes: primeiras cousas para aprender, cousas que facer contigo, cousas arredor do mundo, cousas da natureza, cousas que poder facer, cousas dentro da casa e cousas fóra da casa. Son todas esas cousas que os nenos e nenas deben coñecer do propio corpo, do seu entorno máis inmediato e incluso do Espazo.

Un libro cheo de cores, de debuxos sinxelos e de sabiduría. Un libro par ler deseguido ou para consultar de vez en cando. Un libro que ten que estar en todos os fogares... por suposto, moitísimo antes que un teléfono móbil. 







FICHA TÉCNICA:

Editorial: Blume.

  • 978-84-9801-880-6
  • Páxinas: 80.
  • Formato: 20 x 28cm.
  • Cartoné.

Comentarios