MODA, ARTE E ALIMENTACIÓN



Bo día!

O Nest Organic é un restaurante madrileño que serve comida ecolóxica e saudable e que ten como filosofía principal o coidado alimenticio. 

O outro día, colgaron nas súas redes sociais esta imaxe e pareceume moi interesante e creativa. Vestidos de mulleres feitos con alimentos do día a día. Unha combinación de debuxo e collage que nos ven perfecto para o que estamos a traballar este curso: a relación entre a alimentación e a arte.

Obviamente, boto en falta a figura masculina, ou sexa que fagamos a cousa máis igualitaria que a alimentación e a moda son cousas de todos. 

Chao!

Comentarios

Publicar un comentario