NUMEROLANDIA. EL MUNDO EN MÁS DE 2000 CIFRAS Y DATOS



Que tal amigos/as?

Para o día de hoxe temos un libro que fará as delicias dos amantes dos números en xeral e dos datos curiosos en particular. Non me refiro a multiplicacións, divisións e cálculo, nin a ecuacións ou problemas, non, máis ben falo de números que nos abren un mundo novo con información moi especial.

"Numerolandia. El mundo en más de 2000 cifras y datos" é unha marabilla para aprender un mogollón de cousas. Unha agradable viaxe a través das cifras, moitas curiosidades fascinantes sobre animais, aventureiros, comida, moda, piratas, planetas e moitas cousas máis.

Sabías que unha araña pode tecer máis de 30 metros de seda ao día? Que no Sol collerían 1.300.000 Terras? Que un copo de neve tarda unha hora en chegar ao chan? Que unha momia necesitaba 140 metros de tea para ser envolta? Que un tiranosaurio comía dun bocado 227 quilogramos de carne? Non sabías isto? Queres saber máis? Pois xa sabes! Este libro é para ti!






FICHA TÉCNICA:

Editorial: Páxinas: 128.
Formato: 21 x 29 cm.
ISBN: 978-84-16075-21-8.

Comentarios

Publicar un comentario