SALAVAT FIDAI. A punta dun lapis da para moito



Ola!

Salavat Fidai é un exavogado ruso reconvertido en artista e que está asentado en Ufa, preto dos Montes Urais. Desde esas latitudes fainos chegar o seu traballo creativo, o cal estou seguro de que vos sorprenderá.

Este señor fai esculturas na punta dos lapis, tal e como o oídes. Colle un lapis, saca as súas ferramentas e vai tallando o grafito ata que esta acada a forma pretendida. Batman, Wall-E, Bart Simpson, instrumentos, sinais de mans, avións ou edificios singulares como a Torre Eiffel ou o Big Ben.

O seu ollo para o detalle é algo a ter moi en conta, pois resulta moi sorprendente ver como nunha superficie tan pequena é capaz de facer grandes cousas. Son meticulosas e únicas esculturas escarvadas con mimo e coidado aplicando o instrumental con diferentes presións.

Emprega un coitelo artesán (X-Acto), unha lente de aumento, unha elevada coordinación motriz fina, un control do tono muscular espectacular e toda a delicadeza requerida.

Para Salavat Fidai esta só é unha das maneiras que ten de expresarse artisticamente, xa que adica arredor de dez horas ao día a este tipo de tarefas. Esta vertente é unha das máis interesantes e por iso está aquí.































Comentarios

  1. Son moi difíciles de facer. É un artista.

    ResponderEliminar
  2. Para min o máis difícil é Yoda polas arrugas na cabeza e nas orellas.

    ResponderEliminar
  3. ef me gusto mucho el de yudo

    ResponderEliminar
  4. A verdade é que todos parecen moi difíciles.

    ResponderEliminar
  5. ami madre le gusta mucho ef

    ResponderEliminar
  6. Alégrome moito Alicia e Hugo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario