ZADAR SEA ORGAN. O órgano mariño de Nikola Bašić










Ola!

Absolutamente fascinado quedei con esta marabilla creada por Nikola Bašić e que homenaxea a mestura da man do home coas bondades da natureza. Trátase dun órgano mariño que traduce as ondas do mar nunha relaxante música da que desfrutan os visitantes. 

Foi creado en 2005 e é a estrela indiscutible da cidade de Zadar en Croacia. É un espectáculo incrible. Os canais conectan trinta e cinco tubos, cada un conectado a diferentes cadeas musicais e así obtéñense os sons de forma natural. Obviamente, as notas son aleatorias e dependen de como o mar impacte na construción.

Con este deseño, o arquitecto croata ganou o premio ex aequo da cuarta edición do Premio Europeo do Espacio Público Urbano.


Aquí o tedes:

Comentarios