ACOUGO. Iago Fernández





Como estades? Seguro que ben!



Encántanme as cousas que fai este chaval de Cangas do Morrazo. Gústame o seu estilo tocando. Gústame o discreto pero esencial papel que xoga na banda Trampoline. E gústanme os seus traballos en solitario como Iago Fernández.



"Agromando" (2011), que tamén recomendamos aquí, xa era un disco moi interesante pero este "Acougo" (2015) supón un firme paso cara adiante. 


Acompañado de Félix Rossy (trompeta), Vicent Macián (saxo tenor), Wilfried Wilde (guitarra), Xan Campos (piano), Demian Cabaud (contrabaixo) e André Fernandes (guitarra), o galego tece dez fermosas cancións que dan boa mostra do seu talento musical e da súa calidade compositiva.

Jazz galego global.


Déixovos cunha boa mostra:


Comentarios