BABAR. Jean de Brunhoff




Ola a todos/as!

A editorial Blackie Books, que está facendo un impecable labor editorial tanto en literatura adulta como infantil, sacou fai uns meses este recopilatorio dun clásico das letras para nenos: "Babar. Todas las historias", un único e xenial volume con todas a venturas do elefante creado por Jean de Brunhoff.

Seis libros ben xuntiños: "Historia de Babar, el pequeño elefante", "El viaje de Babar", El rey Babar", Las vacaciones de Zefir", "Babara en familia" e "Babar y Papa Noel". 

Trátase dunha edición especial e de luxo con dúas cubertas diferentes para cada idioma de publicación (catalán e castelán), así como ilustracións interiores a toda cor. 

Ás recopilacións de Gianni Rodari e Pippi Calzaslargas, séguelle agora esta fermosura en papel. 

Como di o grandísimo e célebre Maurice Sendak, "Babar é máis que un álbum ilustrado. É unha obra de arte".





FICHA TÉCNICA:

Editorial: Blackie Books.
Páxinas: 320.
Encadernación: cartoné.
Tamaño: 16,8 x 23 cm.
ISBN: 978-84-16290-03-1.




Comentarios