DANIEL CLOUD CAMPOS





Ola!

Quero presentarvos a un bailarín xenial, que fai cousas moi guais tanto co seu propio corpo como con vídeos de roupa en stop-motion. É un rapaz moi creativo e polifacético e a súa coordinación é incrible. Domina ao detalle cada parte do seu corpo e as cousas que fai son moi bonitas pola plasticidade dos seus movementos e a limpeza coas que os executa.

O seu estilo bailando é moi orixinal, moi persoal, con rasgos de baile da rúa pero con influencias de bailaríns clásicos como Fred Astaire ou do xenial Michael Jackson.

Déixovos varios vídeos del para amosarvos isto do que falo. Baila contando cousas, elaborando historias, polo que son historias e coreografías.



Aquí, tedes a coreografía que fixo con prendas de roupa:



Neste, ensina unha divertida maneira de organizar e limpar unha casa:



E nesta visita para comprar un piso, atopa un segredo:



Este vídeo deixa claro o seu talento e refinamento bailando:


Comentarios