DANIEL SIERING E MARIO SHU



Que tal compis?

Non fai falta que vos diga que cara me quedou o outro día cando vin isto durante un paseo con outros alces. Alí estaba eu cos meus colegas, coa boca aberta e intentando descifrar como podía ser posible aquelo que viamos cos nosos propios ollos. 

Un dos alces que ía comigo, o máis valiente, achegouse e, cando quixo pasar o fuciño pola parte onde o tronco queda en suspensión, bateu contra algo duro. Que sucedía? Algo invisible? Non! O tronco enteiro seguía estando alí, pero pintado. Ao chegar á casa, investigamos en internet e enterámonos de todo. Os autores desta xenialidade son Daniel Siering e Mario Shu.


Aquí tedes unha foto do proceso de creación desta ilusión óptica que tan tolos nos volveu:




E aquí vos deixo un vídeo moi cortiño e simpático sobre este asunto:



Comentarios

  1. Me gustó mucho el vídeo , también me asombre mucho

    Antia Franco Autran 5B

    ResponderEliminar

Publicar un comentario