DANNY MACASKILL




Ola compis!

Hoxe teño algo excitante para vós! Algo alucinante! Preséntovos a Mr. Danny MacAskill, un mozo escocés de trinta anos que se fixo moi popular en 2009 cando colgou en YouTube un vídeo del facendo acrobacias na súa bicicleta de trial. A partir dese día, saiu no New York Times (e en moitos importantes medios de comunicación máis) e foi nominado aos Premios Laureus ao "Mellor deportista extremo internacional do ano". 

Traballaba de mecánico pero deixouno todo para adicarse a adestrar máis tempo, xa que, como podedes imaxinar, para facer todas estas cousas hai que practicar moitísimas horas... e levar algún que outro golpe.

Danny é especial por moitas cousas e, entre elas, por facer as cousas dunha maneira diferente, en contacto directo co entorno (ben sexa a máis salvaxe natureza ou os ambientes urbanos máis artificiais). É, aínda encima, as imaxes sempre van acompañadas dunhas fermosas e acertadas bandas sonoras. Semella que con cada vídeo pretende contar unha historia, a súa. 

Sen máis, déixovos con este xenio do deporte extremo.



Aquí déixovos o seu primeiro vídeo (o que o deu a coñecer no planeta) e o último (filmado en Gran Canaria):






Comentarios

  1. a min eso dariame medo e moi ariesgado porque si cae pode morrer pero en verdad mola

    ResponderEliminar
  2. É arriscado, si, pero el é un experto.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario