EDUCAR EN LA REALIDAD.Catherine L'Ecuyer



Ola!

A sensibilidade, a empatía, os espíritos crítico e atento, a amabilidade, o gusto por falar e relacionarse ou o contacto físico son realidades que se están a perder hoxe en día en favor do mundo dixital electrónico e a vida ante as pantallas. 

Despois do xenial "Educar en el asombro", Catherine L'Ecuyer volve con este "Educar en la realidad", un libro imprescindible para nais, pais e docentes que parte da idea do déficit de realidade que temos hoxe en día debido ás televisións, ordenadores, teléfonos móbiles e demais aparatos que nos invaden sen remedio.

A autora desmonta moitos mitos educativos e demostra que a mellor capacitación para o mundo online prodúcese no mundo offline, é dicir a responsabilidade no uso das novas tecnoloxías dase na realidade. 




FICHA TÉCNICA:


  • Nº de páxinas: 218.
  • Encadernación: Tapa branda.
  • Editorial: PLATAFORMA.
  • ISBN: 9788416256563.

Comentarios