Ola!
Hoxe tráigovos un libro que colleitou moitos éxitos como Premio Lazarillo 2014, seleccionada nos White Ravens e o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil e que foi traducido xa ao castelán e ao francés. A editorial Galaxia volve a acertar con esta historia dun neno con febre, dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras ou un alien que se move polos sumidoiros.
Un libro divertidísimo, un fermoso soño feliz que quere chegar a toda a mocidade galega. Un conto cheo de tenrura e fantasía e que provoca que os lectores deixen voar a súa imaxinación.
"O meu pesadelo favorito" é un libro intelixente, crítico e con moitas referencias literarias. Sen dúbida algunha, unha das estrelas deste curso literario.
FICHA TÉCNICA:
| Editorial: Galaxia. Páxinas: 184. |
| Rústica. |
| PVP: 11.50 €. |
| ISBN: 978-84-9865-588-9 |

Comentarios
Publicar un comentario