SLEEP. Max Richter



Ola compis!


"Sleep" (2015) é a agradable e terapéutica animalada de oito horas de duración que o compositor británico Max Richter creou con diferentes fines. Por un lado, está esa "invitación a soñar" que suxire o autor e, por outro, o desfrute atento duns sons slow-motion que hibridan a música electrónica coa orquestral.

É un álbum que reflexa os ciclos naturais do sono e que convirte esta acción (ou non acción) en arte a través de trinta e unha pezas ininterrumpidas. O bo é que este disco pode manipularse ao antollo do consumidor, ben sexa de forma continua e sen descanso ou parando cando se desexe.


Un lugar moi pracenteiro ao que acudir voluntariamente, para tomar aire, para concentrarse, para desconectar, para amar, para chorar, para mirar ou para durmir.



Para mostra déixovos a versión corta de case sesenta minutos. Tempo de relaxarse:



Comentarios