SUPER NIÑO. Michaël Scoffier e Matthieu Maudet




Ola!

Vin este libro no escaparate dunha libraría en Compostela e dixen: Isto téñeno que ver os meus nenos!

"Super Niño" é un fantástico libro en cartón troquelado para ler en dúas direccións e na que un neno lle deixa a súa roupa a unha amiga para que se convirta en súper nena e á inversa. Con el aprenderemos a vestirnos e espirnos, así como os nomes das pezas de roupa.

Un libro informativo e interactivo, unha proposta moi divertida que introduce aos pequenos nunha costume de todos os días. 







FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kókinos.
Formato: 25x25cm.
ISBN: 978-84-16126-18-7.

Comentarios