9 MESES. Jean-Marc Fiess





Ola compis!

"9 meses" é un libro xenial! Como din desde a editorial, son nove meses de doce espera, nove meses habitados pola ledicia e o descoñecido, nove escenas sensibles e poéticas para unha declaración de amor en tres dimensións.

Este álbum troquelado elévase ante a nosa mirada para amosar cousiñas interesantes sobre o embarazo das nosas mulleres, un feito moi especial, necesario e previo á nosa chegada ao mundo. Resulta ser a mellor das homenaxes que se lle pode facer a unha nai, a un pai e aos fillos e fillas. 

Probade e xa veredes...





FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kókinos.
Tamaño: 17'5cm x 21'5cm.
Páxinas: 20.
ISBN: 978-84-16126-37-8.

Comentarios