AS ESCULTURAS EN MOVEMENTO DE LI HONGBO



Bo día!

Ides alucinar co post de hoxe. Tráigovos algo único que vai levantar o voso interese seguro.

Li Hongbo é un artista sorprendente. Con el, nada é o que aparenta. O que nun principio semellan delicadas esculturas talladas en porcelana, tórnanse en miles de capas de papel que forman diferentes figuras flexibles. Bustos, caras e formas anatómicas humanas. 

Li Hongbo é un deseñador gráfico e editor de libros ao que lle gustan moito os xoguetes artesanais e tradicionais, así como os ornamentos de papel típicos das festas. 

O resultado final do seu traballo é sinxelamente impresionante. 


Mellor deixo de escribir e védelo nos seguintes vídeos ilustrativos:






Comentarios