Ola miñas parrochas!
"Historia de un oso (Bear Story)"
(2014) é unha curta chilena de animación que se fixo co premio
Oscar na súa categoría, ademais de outros cincuenta galardóns en
moitos outros festivais de cine. Un filme xenial, que dura só once
minutos e que narra cunha profunda amabilidade un duro suceso na vida
dun oso.
Gabriel Osorio Vargas dirixe esta
historia con altas doses de emoción e sentimento, inspirada na
amarga historia de Chile e no exilio forzado que viviu o avó do
artista durante a dictadura. É unha alegoría da sociedade do medo
que instaurou Pinochet. A mensaxe que transmite é moi poderosa,
homenaxeando a memoria histórica dos esquecidos e reflexando un
futuro onde a soedade resulta moi mala compañeira.
Oxala subades pronto os proxectos dos alumnos de 5 A que estan todos moi ben feitos
ResponderEliminar