FORMAS e COLORES. John J. Reiss




Que tal?

Aquí tedes dous libros ben guais. "Formas" e "Colores" son dous libros fantasticamente editados por Blackie Books, unha editorial que está demostrando o seu interese nos nenos e nenas e na literatura infantil en concreto. 

No primeiro, un raposo vainos acompañando por un mundo cheo de figuras xeométricas básicas (círculos, cadrados, triángulos, cubos, óvalos...), os cales se combinan para formar os obxectos do noso mundo cotiá, do día a día. No segundo, os animais, as flores, os vexetais ou os obxectos habituais tínguense de cor nunha atractiva explosión cromática que nos deixará alucinados. É un xenial espectáculo visual acerca do mundo que nos rodea. 

Os libros infantís de John J. Reiss son auténticas xoias para varias xeracións de nenos de todo o planeta desde 1970. Por fin, temos as edicións orixinais en España. A desfrutalas pois!





FICHAS TÉCNICAS:

Editorial: Blackie Books.
Bilingüe castelán-inglés.
Páxinas: 32 os dous exemplares.
Encadernación: Cartoné.
Tamaño: 28cm x 22cm.
ISBN: 978-84-16290-23-9 /  978-84-16290-25-3. 

Comentarios