THE LIMBOOS




Ola! Que tal? Seguro que ben, a que sí?

Preséntovos a un grupo de música galego que seguro vos vai encantar. Podedes imaxinar unha combinación harmónica entre rhythm & blues tradicional de Nova Orleans, mambo, rockabilly, soul vello, movementos calipso e tropicalismo latino de fai sesenta anos? E se vos digo que pensedes nunha mestura de bandas como The Beattles, Buddy Holly, The Meters, Menahan Street Band, The Excitements, T.P. Orchestre Poly-Rythmo ou os panameños Los Silvertones? Pois se afinades ben, algo moi parecido son The Limboos, como un fillo de todo iso.

Roi (membro da xenial banda de O Grove The Phantom Keys), Daniela, Marcos e Sergio forman un grupo afincado en Madrid pero con base galega que está dando moito que falar co seu disco de debut "Space Mambo" (2014), doce cancións para deixarse seducir e bailar ata que nos rompan os xeonllos.

Defínenos (e defínense) como rhythm & blues exótico e, a verdade, é que a definición vailles ao pelo. 



Escoitádeos e desfrutádeos nos seguintes vídeos:





Comentarios