TRIPLE FOCUS. Daniel Goleman e Peter M. Senge


Ola!

Non quero deixar pasar a oportunidade de recomendar libros que me parece son fundamentais para docentes de todas os niveis e para nais e pais de todos os contextos. Do mesmo xeito que me parecen fundamentais "Educar en el asombro", "Educar en la realidad" (ambos de Catherine L'Ecuyer) ou "La pedagogía del caracol" (Zavalloni), entendo que este "Triple Focus" aborda temas moi importantes para o desenvolvemento de grandes e pequenos.

Os xeniais Daniel Goleman e Peter M. Senge sumérxennos con este libro no triple enfoque: "a autoconciencia" (ou enfoque dun mesmo), a "empatía" (ou comprensión de outras persoas) e o "pensamento sistémico" (comprensión do mundo que nos rodea). O obxectivo consiste en que os estudantes se convirtan en máis felices, máis tranquilos e máis maduros para poder contribuir aos cambios sociais vitais necesarios para afrontar o futuro inmediato.

Pois aquí está! Sería bo que todo o mundo o lese, para criticalo (positiva ou negativamente), analizalo e pensalo, pero sobre todo, para que nos fixese reflexionar moito para así poder cambiar un pouquiño esta sociedade que camiña aceleradamente hacia perigosos lugares onde a desigualdade e a inxustiza reinan.








FICHA TÉCNICA:

Editorial: EdicionesB.
Páxinas: 112.
Formato: 15 x 23cm.
ISBN: 978-84-666-5795-2.


Comentarios