UM ANO INTEIRO. AGENDA PARA EXPLORAR A NATUREZA. Isabel Minhos Martins e Bernardo P. Carvalho



Bo día!

Planeta Tangerina é unha editorial portuguesa que edita libros absolutamente marabillosos. É raro atoparlle algo que non estea ao máximo de calidade, tanto en ilustracións como en textos.

"Um ano inteiro. Agenda para explorar a natureza" é unha axenda atemporal para descubrir a natureza infinitas veces. Fai propostas ao lector durante todo o ano: paseos e observacións en función das estacións e das especies que nos habitan. Os ciclos dos prantas e dos animais, o sol e os astros, en que semana se poden ver as primeiras anduriñas, cal é a mellor época de escoitar o canto do reiseñor, en que mes se pode ver a estrela máis brillante do ceo, cando pasan polo noso ceo as aves migratorias ou a que altura colocar unha casa para paxaros.

En definitiva, un libro para sempre feito con moito agarimo.







FICHA TÉCNICA:

Editorial: Planeta Tangerina.

144 páxinas.
Formato: 150 x 220 mm.
ISBN: 9789898145703.

Comentarios