Ola compis! Canto tempo!
Estamos de volta na
escola para comezar o curso, así que xa ando pola rede para enviarvos un saúdo
e dicirvos que me acordei moito de vós durante o verán.
Espero que traiades as
pilas cargadas. Seguro que aproveitáchedes tanto o verán como fixemos nós. Non
sei se xa vos teño dito que na nosa familia nos encanta a praia, imos todos os
veráns unha chea de veces (e non nos importa que a auga estea fría, xa estamos
acostumados porque vivimos no norte). Fixo que a vós tamén vos gusta, xa me contaredes.
Un saúdo a todos e unha aperta
especial a todos e todas as que xa non estades no Flavia (que, por suposto,
podedes seguir lendo e opinando)
EF
Xa te botaba de menos EF. Eu xa non estou no cole pero seguireite aló onde estea. Un abrazo para todos/as!
ResponderEliminarMoitas grazas, Jalo! Unha aperta tamén para ti.
Eliminar