BOB DYLAN


Ola! 

Seguro que xa sabedes que este mes Bob Dylan recibiu o premio Nobel de literatura, un importante galardón que está dotado con máis de novecentos mil euros (menuda cifra!). 

Foi chamativa a elección de Bob Dylan porque non é exactamente un escritor. É un cantautor dos Estados Unidos e está considerado coma un dos compositores e músicos máis influentes do século XX. Tamén publicou varios libros e participou nalgunha que outra película.

Bob Dylan é o seu nome artístico, en realidade chámase Robert Allen Zimmerman e naceu no ano 1941, ou sexa que ten xa 75 anos. Aínda que non o creades pola idade que ten, segue en activo. 

Vou deixarvos algunha canción del aquí abaixo, ao mellor ata as recoñecedes xa que son auténticos himnos. 













Comentarios

  1. Me gusta mucho Bob Dylan.

    ResponderEliminar
  2. Respostas
    1. A que si? Aínda que algún escritor leva tempo esperando polo premio e sigue sendo o eterno candidato. Seguro que a Murakami tócalle no 2017, ou no 2018, no 19, no 20...

      Eliminar
  3. hola soy uxia de 6 b a mi me gusto mucho las canciones que ai de bob dylan

    ResponderEliminar
  4. Ola Uxía, a min tamén me gustan. Teñen moito éxito.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario