ROALD DAHL

Ola meus! 

Levo un tempo querendo falarvos dun home que foi moi especial e tivo unha vida un tanto aventureira. Fixádevos que chegou a ser piloto da RAF (forzas aéreas británicas), sobreviviu a un accidente aéreo e mesmo loitou, como piloto, na segunda guerra mundial.

Pero ademais Roald Dahl foi un famosísimo escritor británico. Este ano tería cumplido cen anos, xa que naceu en 1916 en Gales. Morreu fai un tempo pero nos deixou un fabuloso legado. 


Estou seguro de que líchedes algún dos seus libros ou víchedes unha película sobre algún deles. É o autor de Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate, James e o melocotón xigante, O superzorro, Os Gremlins, As bruxas...

Podedes atopar libros do señor Dahl na biblioteca do cole. Eu de vós collería algún porque enganchan. Palabra de Ef!



Comentarios

  1. Encántame Roald Dahl, Ef, creo que vou reler algún dos seus libros.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario