Ola meus!
Xa sei o que vou facer esta fin de semana. Teño pensado visitar a miña libraría favorita, mirar e mirar por todos os andeis e escoller ese libro xenial que vai estar agardando alí caladiño, a que chegue e o leve para a miña casa.
Sabedes que? Mañá, 11 de novembro, vai ser o Día das Librarías. Por iso van estar abertas ata a noitiña, organizarán festas e actividades especiais (nalgunhas haberá concertos, noutras algún petisco rico, autores asinando libros, xogos...) e, aínda por riba, farán descontos do 5% ou máis.
Xa me diredes se visitades algunha. Seguro que paga a pena.
Comentarios
Publicar un comentario