TOM GATES



Ola compis!

Na biblioteca xa temos a colección completa de Tom Gates!
Son dez libros xeniais que teñen un éxito tremendo nun montón de países e levaron outro bo montón de premios.

Están escritos por Liz Pichon, unha escritora e ilustradora británica moi simpática.

O protagonista da saga é Tom Gates (obviamente), un rapaz ocurrente que fai uns debuxos impresionantes e que toca nun grupo de rock. Por se non me credes vou deixar por aquí a fantástica canción que lle adica á súa irmá adolescente.





 Espero que vos guste e que vos gusten os seus libros tanto como a mín! Xa me contaredes.

Comentarios

  1. Nós xa collimos algún libro e está moi divertido.

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me encanta. Estou moi enganchada

    ResponderEliminar
  3. Ola chámome Lucas. Os libros de Tom Gates son os mellores!

    ResponderEliminar
  4. Xa veredes como logo queredes lelos todos. Molan!

    ResponderEliminar
  5. Son a dez da noite e aquí estou coa miña nai vendo estas cousas tan divertidas.

    ResponderEliminar
  6. Graciñas Iris. Podedes visitar a flavioteca a calquera hora. Nunca pecha ;)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario