Ola compis!
Hoxe imos escoitar e disfrutar unha música moi especial. Este home de aquí arriba é Giuseppe Verdi (ao mellor sóavos porque é un compositor moi coñecido).
Verdi naceu en Italia en 1813 e viviu ata 1901, ou sexa que viviu 87 anos; o que para a época era un montón de tempo. Compuxo moitas óperas e case todas seguen a ser representadas con moito éxito hoxe en día. Seguro que coñecedes algunha: Rigoletto, La Traviata, Il Trovatore, Aida e Otello son as máis destacadas.
Hoxe imos ver un video que xa ten moitos anos e que é unha peza da ópera A Traviata. Disfrutádea!
Comentarios
Publicar un comentario