Ola meus!
Xa vos teño falado outras veces de Hervé Tullet. Este autor de literatura infantil é todo un artista e é un experto en facer que sexamos os lectores os que creemos as historias e as vivamos. Fai libros que máis que libros semellan xogos. Eu penso que iso é o que quere: que non nos esquezamos nunca de xogar.
Para este xogo de sombras necesitamos a axuda dun adulto para que nos permita ver o libro na escuridade. Cunha lámpada ou cunha lanterna todo se volverá máxico e poderemos ver persoas, plantas e animais movéndose pola nosas paredes e polo teito. A ver que vos parece?
FICHA TÉCNICA:
Editorial: Phaidon.
Formato: Cartoné.
ISBN: 978-0714865898.
Comentarios
Publicar un comentario