NADAL NO FLAVIA




Ola compis!
Estes días na biblioteca do Flavia estivemos de celebración e recomendando lecturas navideñas. Seguro que xa pasáchedes por alí e o víchedes pero, por se non vos fixáchedes moito, vou colgar unhas fotiños.








Xa non queda nada para as festas e quería aproveitar para recordarvos que os libros son o mellor agasallo que podedes pedir. Eu xa fixen unha lista cos que me apetecen pero déixovos unhas cantas ideas para vós.

Primeira idea: podemos pedir todos os libros que queiramos porque aos Reis Magos encántalles agasallarnos con eles.

Segunda idea: cando pedimos libros estamos facéndolle o traballo máis doado aos Reis xa que son obxectos cómodos de transportar, non pesan nin abultan moito, nin soen ter formas raras.

Terceira idea: temos toneladas de libros para escoller. Podemos pedilos en distintas linguas e co contido que nos apeteza. Podemos pedir un atlas, unha novela, un libro sobre os romanos, algo de misterio, un poemario, unha biografía, unha obra de teatro, un conto sobre animais, un recetario, un libro para facer trucos de maxia, un compendio de chistes, unha obra de consulta sobre o universo, un libro para aprender chino mandarín... 

Cuarta idea: podemos incluso pedir libros sobre o nadal. A min encántame un de Charles Dickens que se chama Cuento de Navidad

Quinta idea:  os libros en xeral son agasallos manexables. Permiten que os levemos a calquera sitio e podemos trasladalos no bolso, nunha mochila, na maleta... Viaxan con nós!

Sexta idea: Podemos empregalos todas as veces que queramos e prestalos para que outros tamén os poidan usar. Non se gastan!

Seguro que xa quedou claro que pedir libros é unha idea estupenda, non? Xa me contaredes o que pedides e o que vos traen. Desfrutade das festas e pasade un moi bo Nadal!
Vémonos no 2017! 

Comentarios