Ola meus!
Benvidos de novo ao blog despois das vacacións de Nadal. Quero desexarvos un moi feliz ano 2017 e contarvos que este ano foi escollido dende as Nacións Unidas como o Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento. Menudo nome tan longo! A que soa complicado?
Todos sabemos o que é o turismo pero que será iso de que o turismo sexa sostible e teña como meta o desenvolvemento?
Déixovos uns videos que vos axudarán a entendelo.
Se queredes ir comezando a facer turismo recordade que na biblioteca temos un montón de libros para axudarvos. Cada libro é un mundo!
Comentarios
Publicar un comentario