DÍA DOS USUARIOS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS





Ola meus!
O día 10 de xaneiro celebrouse o día dos usuarios das bibliotecas e nalgunhas delas houbo actividades especiais que continuaron ao longo da pasada fin de semana. Recitais de poesía, concertos, representacións teatrais, exposicións orixinais, lecturas encadeadas... As bibliotecas poden ser lugares nos que se fagan grandes cousas e os que as fan posibles, os protagonistas, sodes vós, os usuarios.

Para conmemorar esta data, déixovos un vídeo con algunhas das que se consideran bibliotecas máis fermosas do mundo. Seguro que hai moitas máis que non aparecen na lista e que merecerían estar. No fondo todas as bibliotecas son moi fermosas porque teñen unha beleza infinita: a que se agocha nos libros, e ademais a comparten desinteresadamente.





Comentarios