BAHAMAS: LOST IN THE LIGHT



Ola compis!

Xa sabedes que a música move sentimentos, sensacións e emocións. Así, pode poñernos alegres, tristes, melancólicos, darnos ánimo, convidarnos á reflexión, a pensar... ou facernos bailar! 

Do mesmo xeito, cando temos un determinado sentimento, buscamos música apropiada para ese sentimento. 

Hai cancións que dan tranquilidade e esta é unha desas. Unha canción agradable coa que baixar o ritmo das nosas vidas, do noso día a día, que case sempre é ben alto. 

Hai veces que necesitamos baixar unha marcha... entón, que mellor cousa que escoitar isto?




Comentarios