O DÍA DA PAZ NO FLAVIA


Ola!

Onte celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e cantáchedes unha canción do grupo Migallas que se chama "Campás pola Paz". Por certo, saíuvos xenial e non debe ser nada fácil cantar todos xuntos. Sodes tantos!

Na biblioteca temos unha chea de libros adicados á paz e á non violencia expostos no meu rincón. 



Hai un que é novo e que trata un tema que aos maiores seguro que vos soa un montón: o bullying. Fixo que vos gusta porque nos fai poñernos no sitio dos nenos e das nenas que aparecen no conto. E hai unha nena moi, moi valente que se atreve a ser a primeira en contar unha cousa... Xa veredes.



Hai outro libro no que hai monstros: un grande e outro pequeno. E o pequeno é tan valente como un xigante!
Non vos perdades a súa historia.




Comentarios