PAZ


Ola!
Como xa saberedes, o vindeiro luns celébrase en moitos países o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 

É unha iniciativa que leva facéndose dende os anos 60 do século pasado. Escolleuse o día 30 de xaneiro porque é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, aínda que nos países do hemisferio sur soe celebrarse o día 30 de marzo, xa que teñen outro calendario escolar.

Déixovos un agasallo que é todo un símbolo da paz: unha pomba de origami. O vídeo indica paso a paso como facela. Xa me contaredes que tal vos quedou!

















 

Comentarios