TEMOS MOITO TEATRO

Ola! 

O pasado luns celebrouse o Día Mundial do Teatro. Esta data conmemórase dende o ano 1961, cando comezou como unha iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). 

Cada ano faise un discurso e leese nun lugar diferente. O luns tocoulle a París e unha fantástica Isabelle Huppert (unha coñecida actriz francesa) suxeríalles aos políticos que tiveran en conta "os beneficios inimaxinables do teatro. O teatro representa o diálogo e a ausencia de odio". Por iso espero que teñamos moito teatro e por moitos anos.



Comentarios