PRIMAVERA DAS LETRAS


Ola meus!

Con este nome de "PRIMAVERA DAS LETRAS" ven de crear a Real Academia Galega unha páxina web sobre as letras galegas. 

Ao mellor chamáronlle así porque as nosas letras teñen moito que ver coa primavera. Poden ser coloridas, como as bolboretas e as flores, e poden ser mornas e chuviosas, como o tempo. 

Pero as letras galegas son como a primavera sobre todo porque ulen a novo, a cambio e a xuventude...Porque teñen lectores e falantes coma vós, que estades aí lendo para seguir dándolle vida á lingua.
 
Como seguro que xa sabedes o Día das Letras Galegas celebrarémolo nesta fermosa primavera, o vindeiro 17 de maio, e o homenaxeado deste ano será Carlos Casares.

Podedes ir vendo cousiñas sobre el neste enlace: PRIMAVERA DAS LETRAS. Disfrutadeo!

 

Comentarios