O SARXENTO PEMENTA




Ola!  Que tal?

A semana pasada tivemos un aniversario moi importante para a música. Este disco que vedes aquí enriba cumpriu 50 anos. É dun grupazo: THE BEATLES, e ten un título longuísimo: Sgt. Pepper´s Lonely Hearts Club Band


                    
              O vinilo (así eran antes os discos... non había CDs) 


O disco é o oitavo album de estudo do grupo e saíu á venda o día 1 de xuño de 1967. Aínda que non o creades, síguese vendendo e copiando o seu estilo hoxe en día. E, por suposto, foi reeditado moitas veces.    




O disco no tocadiscos



O grupo, orixinario de Liverpool, estaba formado por: John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr. Tamén son coñecidos como The Fab Four (os catro fabulosos). De feito, ata hai un grupo de tributo que se chama así.



                         Os catro Beatles (Ringo, John, Paul e George) vestidos para a ocasión



                                                                    A contraportada do disco


Déixovos unha canción que escribiron sobre un debuxo dunha nena que fixo Julian, o fillo maior de Lennon, que daquela tiña 4 anos. A canción, que é a terceira do disco, é Lucy in the Sky With Diamonds.



Comentarios