PLANETA MARABILLOSO






Onte foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Este día celébrase o 5 de xuño en todos os países dende o ano 1974, aínda que xa se decidira celebrar esa conmemoración dous anos antes na asamblea da ONU (a Organización das Nacións Unidas).

Cada ano un país e unha cidade dese país escóllense para ser o centro das celebracións. Neste 2017 o país anfitrión é Canadá. España xa foi anfitrioa no 2004.

No país encargado sempre organizan conferencias e talleres aos que acuden expertos de todos os ámbitos e de todos os rincóns do planeta para intentar dar solucións aos graves problemas que temos agora na Terra. Non son poucos: desertificación, polución ambiental, contaminación das augas, cambio climático, chuvia áceda, sobreexplotación dos recursos enerxéticos, deforestación...

Para que vexades o importante que é loitar contra todos eses males que están destruíndo o planeta, mirade o espectacular que pode ser. Ademais de ser marabilloso, é o único que temos.  





Comentarios