AS MARABILLOSAS PERCUSIÓNS DE PERKUKA



Boas!

Quero amosarvos no día de hoxe a uns rapaces que fan cousas incribles coas súas mans (e cos cerebros, claro!) e que descubrín grazas a un amigo alce. Chámanse Perkuka e son de Pontevedra. 

Resulta moi agradable escoitalos e velos. Tocan todos á vez, coordinándose como unha orquestra, o cal esixe moito traballo, práctica, concentración e compenetración. 

Espero que vos guste polo menos tanto como a min.

Hai moitos vídeos onde podedes ver o seu traballo, déixovos cun deles:



Comentarios

  1. Ola Ef!
    Somos o grupo de 4 anos e vímolo video de Perkuka na clase de música. Gustounos moito e agora temos moitas ganas de tocar coma eles no xilófono ou no tambor!

    ResponderEliminar
  2. Seguro que o facedes xenial! Encantaríame escoitarvos!

    ResponderEliminar
  3. Ola Ef! De parte do grupo de primeiro A que nos gustou moito o video e se podes por máis videos de musica coma este . Moitas grazas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas a vós. É fabuloso que vos guste a música. Haberá máis vídeos, non vos preocupedes. Saudiños!

      Eliminar
  4. Ola Ef!Somos o grupo de 4º A e queríamosche dicir que nos gustou moito a canción que toca Perkuka. O instrumento tamén nos encantou, a marimba é enorme! Por último, nos impresionou que catro persoas puideran tocar xuntas no mesmo instrumento tan ben. Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Si que impresiona, tedes razón. Cantas horas de ensaio haberá detrás desa forma de tocar todos xuntos? Iso si, seguro que o pasan moi ben, polo menos parece que disfrutan moitísimo co que fan. Unha aperta!

      Eliminar
  5. Ola Ef somos 2ºB Encantounos o video menos a Cristian que non lle gustou. Queremos tocar nese instrumento tan bonito a marimba e tocar con dúas baquetas nunha man como os músicos de Perkuka.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que vos gustara! A min tamén me encanta. Seguro que se Cristian o ve máis veces acaba por disfrutalo tanto coma nós. Un saúdo!

      Eliminar

Publicar un comentario